Hoxe é Mércores 28 de Maio de 2025

Obradoiro gratuíto de pandeireta no Conservatorio de Redondela

pandereta3

O Conservatorio profesional de Música Victor Ureña organiza este mércores 14 ás 19:00 horas un obradoiro gratuíto de pandeiretas e cantareiras, enmarcado dentro das actividades que se están a desenvolver no centro co gallo da conmemoración da semana das Letras Galegas. A actividade desenvolverase na sala de concertos do propio centro e estará impartida pola profesora do departamento de percusión Noelia Leite.

Unha proposta que busca homenaxear ás cantareiras e a poesía popular oral, recoñecendo así a riqueza deste patrimonio inmaterial e ofrecendo unha actividade que está aberta tanto a alumnado como a toda aquela persoas que estea interesada en participar. Animan á veciñanza a achegarse levando a súa pandeireta e participar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: