Hoxe é Domingo 1 de Xuño de 2025

Apuran os traballos de limpeza nos camiños de cara ao verán

camiñoshorinzontal

A empresa adxudicataria do contrato, Naturgalia, comezou en abril a roza e limpeza nos camiños municipais. Os traballos xa remataron en Cesantes, Ventosela e o Viso. As brigadas están agora en Quintela, Saxamonde e Reboreda. Traballarán ata finais de xuño para deixar a punto os camiños municipais de todas as parroquias.

As tarefas de roza e limpeza faranse dúas veces ao ano en todos os camiños públicos de Redondela. Esta é a primeira vez que os traballos comezan en abril. A segunda roza anual realizarase de setembro e novembro para que todos os camiños das parroquias estean en perfectas condicións todo o ano. O contrato, por dous anos, licitouse por un importe de case un millón de euros (989.268 euros) e podería prorrogarse dous anos máis, de xeito anual.

Os operarios de Naturgalia comezaron en abril. Os traballos están rematados en Cesantes, Viso e Ventosela. Actualmente as brigadas están desprazadas en Quintela, Saxamonde e Reboreda. Pedro Villaverde, concelleiro responsable da área, explica que os traballos continuarán ata finais de xuño

polo resto das parroquias do municipio para manter as estradas e camiños libres de maleza e en perfecto estado. A actuación consiste en retirar maleza, herbas e arbustos tanto nos camiños como nas beiravías e noiros. Os operarios retiran todo o lixo e restos vexetais e fan unha a limpeza a fondo das cunetas así como os caños e sistemas de drenaxe obstruídos para permitir unha boa evacuación da auga. Desperdicios como bolsas plásticas, papeis, latas ou botellas que se atopen durante os labores de limpeza tamén son retirados e Naturgalia encárgase da súa clasificación e tratamento segundo a normativa medioambiental.

Os traballos permitirán tamén cumprir coa normativa de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: