Hoxe é Sábado 24 de Maio de 2025

Sinsal activa hoxe a venda de entradas para San Simón

sinsal2024

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia activa este martes a venda de entradas para a súa nova edición, que terá lugar os días  25, 26 e 27 de xullo na illa de San Simón. Os abonos poden adquirirse a partir de hoxe, martes 13, a través de Enterticket.es. As entradas por día estarán dispoñibles a partir do xoves 15.

O evento cultural, cuxo cartel é segredo para o público ata que este desembarca, volverá ofrecer unha pequena mostra da creación contemporánea máis estimulante do momento a través da participación de numerosas bandas e solistas chegadas de diversas rexións de todo o mundo.

A partir das 12.00 horas de mañá, martes 13, e ata as 23.59 horas do mércores 14 -ou ata esgotar existencias-, poderanse adquirir os abonos para gozar das tres xornadas de programación cultural; mentres que as entradas por día estarán á venda a partir das 12.00 horas do xoves 15. Cómpre salientar que, nesta edición, o primeiro día coincide cunha data festiva (25 de xullo), polo que a actividade comezará en horario de mañá.

Para poder acceder ao festival, o público debe coller un dos barcos que Sinsal pon á súa disposición nos embarcadoiros da Estación Marítima do porto de Vigo ou do Centro de Interpretación de Rande, en Meirande; un traxecto que se pode escoller á hora de comprar a entrada. O transporte ata a illa está incluído non billete e os prezos son diferentes en función do punto de saída así como da idade, sendo máis económico o acceso para menores de 16 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: