Hoxe é Sábado 24 de Maio de 2025

“No toquen mis manos” da arxentina Valeria Guglietti achega as sombras chinesas ao Multiúsos

No-toquen-mis-manos-976x600

O Festival Internacional de Títeres ten xa aberta a programación de sala que permite ao público en xeral gozar de espectáculos como o que este martes ás 20:00 horas nos ofrece Valeria Guglietti. Unha obra que leva por título “No toquen mis manos” na que fusiona as sombras chinesas, o cine mudo, os títeres, o cómic e a música para crear unha colección de pequenas historias que non achegan a un arte que ten milleiros de anos.

Unha obra que “non pasa de moda” e que regresa a Redondela para celebrar o seu vinte aniversario. “No toquen mis manos” é o título deste espectáculo no que as sombras creadas cos movementos das mans son quen de contarnos pequenas historias acompañadas da música ao estilo das proxeccións do cine mudo.

Unha actuación para todos os públicos dos que os máis cativos poderán gozar dentro da programación escolar,pero que tamén ofrece unha actuación orientada ao público xeral esta tarde ás 20:00 horas no Multiúsos a un prezo de 7 euros.

Valeria Gugliette aproveita para amosar a súa satisfacción por repetir nun Festival no que xa estivo en varias ocasión e que asegura “sempre sorprende cunha programación na que se intercalan todo tipo de técnicas, obras do máis variados e que permite tamén que os titiriteiros que participamos poidamos compartir impresións e experiencias”.

O mércores a programación de sala continuará cos aragoneses Títeres sin cabeza e a obra “¿Cuántas estrellas puedes contar? mentres que o xoves a proposta será con Títeres Alakrán compañía galega que representará “Desconexión”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: