O mozo, veciño de Redondela de 24 anos de idade, foi identificado tras protagonizar un accidente na estrada de pazos de Borbén á altura de Reboreda na madrugada deste domingo. Nesta ocasión está sendo investigado por carecer do permiso para circular así como por deixar un resultado positivo nas probas de drogas que lle realizaron os axentes da Policía Local.
Dáse a circunstancia de que esta persoa é a mesma que a finais de xaneiro fora detida tras colidir ás 7:20 horas dun domingo contra a fachada dun edificio na rúa José Regojo, provocando a rotura da tubaxe do gas e obrigando ao desaloxo de dous edificios.
Naquela ocasión, malia que se dera a fuga nun primeiro momento, fora identificado con facilidade unha vez que se fixeron virais a través das redes sociais numerosos vídeos non que se recoñecía perfectamente a esta persoa que ía ao volante do Opel Astra conducindo temerariamente pola céntrica rúa da vila minutos antes de provocar o accidente. Unha imprudencia maior se cabe atendendo a que carecía de permiso de conducir, unha ausencia do carné de conducir que non lle impediu ser sorprendido novamente esta fin de semana ao volante na Estrada de Pazos.