O “Primavera 2025” nace coa intención de ofrecer un escaparate ás persoas e comercios para que poidan amosar os seus produtos e aumentar as súas ventas. Desenvolverase o día 18 de maio na Alameda de Talo Río en Arcade en horario de 11:00 a 20:00h. O prazo de presentación de solicitudes para formar parte deste mercado permanecerá aberto ata o 14 de maio.
A concelleira de Hostalería, Comercio e Promoción Económica, Rosana Comesaña, presentou o I Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Primavera 2025 que organiza o Concello de Soutomaior. Este mercado ten como obxectivo dinamizar o sector económico e á vez crear ambiente de barrio, propiciando un espazo de encontro entre a veciñanza e as persoas visitantes, para desfrutar dunha xornada de lecer e coñecer todos os recursos cos que conta o concello.
Un Mercado no que poden participar comercios locais, artesáns… e, tamén, persoas que desexen vender outros accesorios de segunda man para darlles unha nova vida, potenciando a economía circular e á sostibilidade medioambiental ofrecendo produtos doutras tempadas que poden ter una segunda vida.
O Concello porá a disposición das persoas interesadas mesas para colocar os produtos e serán as persoas participantes as responsables de xestionar a venda. Fan un chamamento aos participantes apra que teñan en conta o espazo para a exposición dos produtos e para que os prezos estean adaptados ao tipo de produtos e á filosofía deste Mercado de oportunidades e de segunda man.