Os feitos producíanse ás 9 horas da mañá deste martes cando, por causas que se descoñecen, o turismo que conducía este home de 40 anos de idade saíuse da vía cando circulaba pola estrada N555 en sentido Redondela-Aeroporto. O sinistro obrigou a manter pechada un tramo da estrada durante dúas horas e media polo risco de caída do poste o que provocou importantes incidencias na circulación.
Axentes da Policía Local de Redondela tiveron que regular o tráfico dende as 9 horas da mañá ata as 11:30 logo de que o poste de formigón da empresa Fenosa se vira gravemente afectado tras colidir contra el un turismo que circulaba pola Nacional 555.
O condutor do vehículo resultou ferido leve sendo trasladado en ambulancia a un centro hospitalario de Vigo.
Un accidente que tivo tamén importantes afección na circulación, xa que o risco de caída deste elemento obrigou a cortar o tráfico pola vía, prohibíndose o seu acceso dende a rotonda de Vilavella, mentres que os condutores que se dirixían cara Redondela eran desviados polo Camiño Fonte da Lama (nas proximidades do restaurante Lemos). Unhas restricións no tráfico rodado que se prolongaron durante máis de dúas horas, ata que o poste foi retirado.
No sinistro interviron ademais dos axentes da Policía Local, o Seis de Mos e operarios do servizo de conservación de estradas.