Hoxe é Xoves 29 de Maio de 2025

Último día para inscribirse nos campamentos de verán de Soutomaior

trouleando

O espazo de conciliación “Trouleando” funcionará dende a última semana de xuño ata a primeira de setembro, coincidindo coas vacacións lectivas da rapazada e conta cun total de 50 prazas. Está destinado a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos e a inscrición debe realizarse a través da páxina web do concello.

A Concellería de Igualdade de Soutomaior pon en marcha o programa Espazo Concilia “Trouleando” destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola. Un programa que vai dirixido ás crianzas empadroadas no municipio de entre 3 e 16 anos de idade.

O horario xeral é de 9 da mañá ás 14:00h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8:00 h. (aula matinal) e de saír ás 15:00 horas.

Este programa está subvencionado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, a través da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

A inscrición das solicitudes remata hoxe día 12 e debe realizarse en liña na páxina web do concello. O Campamento, que se desenvolverá no multiusos de Arcade, contará con diferentes temáticas por quincena: “Un mar de aventuras” ; “Seres diminutos da natureza”; “Personaxes de ficción”; “Xogamos coa ciencia”; “Olimpíadas domésticas” e “Enigmas e enxeñas”. Cada quenda contará cun total de 50 prazas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: