Hoxe é Domingo 1 de Xuño de 2025

A loita contra o furtivismo en Redondela suma máis de cen denuncias nun ano

furtivos

O ano pasado rexistráronse máis de cen denuncias por casos de furtivismo nos bancos marisqueiros de Redondela, entre os que se deron casos de grupos organizados. Un feito denunciado reiteradamente pola Confraría polas perdas económicas que lles supón así como polo risco para a seguridade alimentaria, xa o bivalvo non pasa ningún control sanitario. O Concello apoia a petición do sector marisqueiro que demanda á Xunta de Galicia penas máis contundentes contra os furtivos e solicitan máis inspeccións nos locais de hostalaría, para evitar que se comercialice marisco extraído de xeito ilegal.

A Policía confirma que ao longo do 2024 rexistráronse máis dun cento de denuncias polo marisqueo ilegal, nas que foron identificadas as persoas responsables deste delitos. Analizados os casos detectados tanto en Redondela como noutros puntos da comunidade, as forzas e corpos de seguridade advirten da presenza de bandas organizadas que se dedican ao furtivismo. Trátase de grupos que operan en distintos bancos marisqueiros galegos e que, segundo a policía, non subtrae o marisco para autoconsumo. Non se trata de furtivismo a pequena escala, xa extraen grandes cantidades de bivalvo para a comercialización.

Este foi un dos asuntos que se puxo sobre a mesa nunha xuntanza celebrada no concello na que participaron a alcaldesa, Digna Rivas, a concelleira de Interior, Rita Pérez e o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, representantes da confraría coa patroa maior, Nisi otero, ao fronte, a Agrupación de Mariscadoras e as forzas e corpos de Seguridade. Outra das conclusións á que se chegou na xuntanza é a necesidade de endurecer as sancións e demandar á Xunta de Galicia penas máis contundentes contra os furtivos. Neste sentido dende a confraría apuntan que os infractores reinciden logo de seren detidos porque malia que acumulen sancións “compénsalles” os beneficios que logran coa venda do marisco extraído ilegalmente.

Tamén reclaman á Consellería de Sanidade que incremente as inspeccións nos establecementos de hostalaría para evitar que se comercialice marisco extraído de xeito ilegal.

Por outra banda existe tamén o coñecido como “furtivismo de bañador”, que está moi estendido durante os meses de verán nas praias, especialmente en Arealonga, Chapela. Turistas e residentes aproveitan o tempo de lecer no areal para extraer ameixa e berberecho. Neste caso o volume de marisco que subtraen é menor que o dos furtivos “profesionais”, pero ao seren moitas as persoas que cometen estas infraccións, ao longo do verán “son moitos os quilos que esquilman nas praias”.

Os participantes na xuntanza emprazáronse para un novo encontro antes do verán ao que o Concello convidará a responsables inspección de Sanidade da Xunta e Seprona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: