Hoxe é Mércores 28 de Maio de 2025

Ferido o condutor dun turismo tras sufrir un aparatoso accidente na estrada do aeroporto

accidente

Os feitos producíanse ás 19:30 horas deste xoves cando o vehículo que conducía un veciño de Mos saíase da vía cando circulaba pola N-555 á altura de Santo Estevo de Negros e acababa envorcado na estrada. Malia o aparatoso do accidente, o condutor resultou ferido leve, sendo trasladado en ambulancia a un centro hospitalario para a súa valoración.

O sinistro produciuse nunha estrada especialmente complicada polas continuas curvas da vía. Por causas que se descoñecen, o condutor perdeu o control do seu vehículo que acabou envorcado nun dos carrís da estrada. Como consecuencia do accidente, o condutor resultou ferido se ben as súas lesións non parecían revestir gravidade.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local que se encargaron de regular a circulación ata a chegada da Garda Civil de tráfico que se fixo cargo da investigación para tentar aclarar o acontecido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: