Hoxe é Domingo 15 de Xuño de 2025

Os taxistas da praza de Ribadavia recuperan o servizo telefónico dez días despois do apagamento

WhatsApp Image 2025-05-07 at 13.12.42

Os usuarios e usuarias dos taxis de Redondela xa teñen operativo o número de teléfono 986400091 que dende o luns 28 de abril estaba fóra de servizo. O teléfono deixara de funcionar a consecuencia do apagamento que deixou toda España a escuras. Os taxistas denunciaban este mércores nos micrófonos da Radio Municipal esta situación e reclamaban o seu arranxo lembrando que se trata “dun servizo público do que moitas persoas dependen para se desprazar”. Horas despois o teléfono volvía estar en funcionamento.

Jesús Villar, un dos profesionais que traballa en Redondela, amosaba hoxe a súa satisfacción porque a situación, que se prolongaba dende había máis dunha semana, estivera finalmente resolta. Explicaba onte que “o teléfono deixara de funcionar o día do apagamento o que estaba a provocar que moita xente que precisa dun taxi para saír da casa ou acudir a citas médicas non estiveran a recibir o servizo”.

Unha situación que afectaba aos máis de vinte taxis que traballan principalmente nesta parada e que xa lle fora comunicada tanto ao Concello como ao servizo de novas tecnoloxías xa que, segundo explicaba Villar “dende o ano 1988 o servizo está xestionado directamente polo Concello, que é quen se encarga de comunicarse coa compañía cando hai algún problema”.

Lamentan o prexuízo económico que esta situación lles provocou pero, sobre todo, recalcan que se trata dun servizo de interese xeral do que dependen moitas persoas e que a desconexión telefónica estaba a afectar, principalmente, a un sector da poboación como son as persoas maiores que dependen dos taxis para se mover.

Malia que lles trasladaran que o teléfono podería permanecer en silencio nas próximas semanas, amosan a súa satisfacción porque finalmente xa estea operativo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: