Hoxe é Martes 17 de Xuño de 2025

Fútbol sala e conciliación coa oferta dos campus de verán

478167382_122186154410105837_8556251219221713754_n

Os tres campus de verán dos clubs de fútbol sala de Redondela, dirixidos a nenos e nenas de diferentes idades, prometen unha experiencia única que combina deporte, formación en valores e conciliación familiar, baixo os lemas “A Marea Azul” (Redondela FS),  “Diversión que concilia sen pagar de máis” (Campito Chapela FS) e “O verán é mellor xogando xuntos” (Arealonga FS).

 Campus de Verán “A Marea Azul” do Redondela FS

O Redondela FS abre as portas ao seu tradicional campus de verán, bautizado como “A Marea Azul”, que terá lugar do 30 de xuño ao 4 de xullo de 2025. Este evento está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, ofrecendo unha experiencia única para os pequenos afeccionados ao fútbol sala.

O campus desenvolverase de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:45 horas, e inclúe unha camiseta personalizada do Redondela FS, merenda diaria, botellas de auga e actividades encadradas por monitores titulados, con experiencia tanto en fútbol sala como en ocio e tempo libre. O prezo é de 85 € para os xogadores socios e 100 € para os non socios, cun 10% de desconto para irmáns.

Os interesados poden obter máis información ou inscribirse a través do QR presente no cartel ou contactando cos números 669 00 52 16 e 636 71 41 60. Tamén poden seguir as novidades nas redes sociais do club.

“Diversión que concilia sen pagar de máis” do Campito Chapela FS

O Campito F.S. Chapela, en colaboración co Concello de Redondela, anunciou o seu Campus de Verán 2025, que se celebrará en dúas quendas: do 25 ao 29 de agosto e do 1 ao 5 de setembro. Este campus, dirixido a nenos e nenas de categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior, ofrece unha experiencia formativa en valores a través do fútbol sala, nun ambiente familiar e inclusivo.

O programa, que se desenvolverá nos pavillóns de Chapela, Cabeiro, Reboreda e Redondela, inclúe adestramentos con xogadoras/es do club, saídas ao sendeirismo, actividades multideporte, xogos populares e momentos de lecer, todo sen custo adicional, baixo o lema “Diversión que concilia sen pagar de máis”. Ademais, o campus conta cun equipo feminino, participa en ligas galegas e promove a igualdade, o individualismo e o compromiso a través do deporte.

Un dos aspectos máis destacados é a ampla flexibilidade horaria, con opcións de 9:00 a 14:00, de 8:00 a 14:00, de 9:00 a 15:00 e de 8:00 a 15:00, pensadas para facilitar a conciliación familiar. Ademais, os prezos son económicos: desde 55 € por unha semana (9:00-14:00) ata 130 € por dúas semanas (8:00-15:00), con descontos do 15% para xogadores/as do club e do 20% para segundos irmáns.

Para máis información ou inscricións, pódese contactar no 607 34 76 28 ou seguir as redes sociais do Campito F.S.

“O verán é mellor xogando xuntos” do Arealonga FS: Diversión e Amizade en Chapela

O Arealonga FS tamén abre o prazo de inscrición para o seu IV Campus de Verán de Fútbol Sala, unha experiencia inesquecible para nenos e nenas de 5 a 13 anos chea de diversión, aprendizaxe e novas amizades.

O campus terá lugar no Pavillón Municipal de Chapela do 14 ao 18 de xullo e do 21 ao 24 de xullo, en horario de 09:00 a 14:00 horas, aínda que tamén se ofrece un plan madrugador (08:00–09:00) e un plan canguro (14:00–15:00) para facilitar a conciliación familiar.

Esta actividade está pensada para combinar tecnificación deportiva en fútbol sala con moitas outras propostas lúdicas: xogos ao aire libre, saídas á praia, momentos de convivencia, traballo en equipo… e por suposto, moitas sorpresas que farán que cada día sexa diferente e emocionante.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda reservar con antelación. Para máis información, pódese contactar a través das redes sociais do club ou chamar ao número de teléfono 662111339 (Iván).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: