O centro educativo loce dende esta mañá un mural que homenaxea ás cantareiras, protagonistas tamén este ano no Día das Letras Galegas pola súa labor na transmisión da literatura popular oral. O deseño do mural, no que aparecen seis coplas populares, foi ideado por un grupo de traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no que participa alumnado e profesorado do instituto. Foi o alumnado o encargado de debuxar o mural baixo a dirección da pintora e muralista Sheela Tato.
O acto tiña lugar este mércores ás 11:50 horas e durante o mesmo puidose escoitar a música interpretada polo novo grupo de Cantareiras do IES de Chapela, constituído no último mes, do que forma parte profesorado e alumnado de diferentes niveis, cuxo repertorio é ensaiado durante os recreos.

