Hoxe é Xoves 22 de Maio de 2025

O Concello convoca aos veciños a unha reunión sobre a peonalización en Telmo Bernárdez e contorna

non peonalización

A reunión, convocada pola concellería de tráfico, desenvolverase esta tarde ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. A xuntanza debería servir para aclarar dúbidas sobre os prazos, as rúas afectadas, os cambios  na circulación así como as medidas que se van implementar para controlar que tan só os vehículos dos residentes transiten pola zona unha vez entre en vigor a peonalización no casco histórico.

Unha reunión que está a espertar o interese dos veciños afectados, principalmente daqueles que se posicionan en contra da peonalización e quen empapelaron a rúa Telmo Bernárdez con cartaces facendo un chamamento a acudir esta tarde ao multiúsos baixo o lema “a maneira de facer forza é estar unidos”.

A peonalización afectará concretamente á praza da Constitución, rúa Telmo Bernárdez e Figueiral. Os opositores a este medida alertan aos veciños de Eidos de que “non terán acceso ás súas vivendas e locais comerciais cos seus vehículos dende a rúa Telmo Bernárdez como viñan facendo ata o de agora o que lles obrigará a empregar a a praza da farola e subir pola rotonda do Familia para chegar aos seus destinos”.

A peonalización da que a Concelleira de tráfico Rita Pérez informará esta tarde no Multiúsos da Xunqueira ten sido motivo da polémica nos últimos meses con posicionamentos a favor e en contra que levou tamén á colocación de pancartas e carteis nas rúas afectadas que deixan constancia desta disparidade de opinións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: