Hoxe é Sábado 24 de Maio de 2025

CCR Chapela apunta ao título nacional de Segunda División de billar a tres bandas

WhatsApp Image 2025-04-29 at 17.31.29

Foto de Javier Pérez

O equipo CCR Chapela Rodavigo está ás portas de proclamarse campión de grupo na Segunda División de billar a tres bandas tras unha importante vitoria o pasado sábado en Xixón contra o Grupo Covadonga por 5-3. Este triunfo, destacado pola súa dificultade ao ser o primeiro que o equipo asturiano concede na casa, coloca ao conxunto galego nunha posición privilexiada a falta dunha xornada para o peche da fase regular.

O próximo e decisivo encontro será o sábado 10 de maio en Lugo contra o Círculo das Artes de Lugo, equipo que comparte o liderado co CCR Chapela Rodavigo. Un empate ou unha vitoria neste choque asegurará o título de grupo e o pase aos playoffs de ascenso a Primeira División, un obxectivo que o club persegue con ilusión tras non poder disputalos o ano pasado por problemas médicos de varios xogadores. “Este ano collémolo con máis ganas, queremos resarcirnos”, afirmou Javier Pérez, membro destacado do equipo.

Javier Pérez

Pérez, quen recentemente se proclamou campión provincial de billar a tres bandas, destacou no torneo ao vencer a Gustavo Varela (Errantes) en semifinais e a Antonio Fuentes (CB Lalín) nunha emocionante final, ademais de levar o trofeo á mellor tacada. Jorge G. Hermida, outro integrante do club, tamén destacou ao alcanzar o cuarto posto. “Foi un ano moi competitivo, todos os equipos están moi igualados, pero estamos a sacar moi bos resultados”, explicou Pérez, quen resaltou o balance positivo da tempada.

Javier Pérez

O CCR Chapela Rodavigo, que xa competiu en Primeira División hai uns seis anos, busca agora recuperar esa categoría. Cunha traxectoria de nove xornadas, o equipo demostrou consistencia e nivel nun grupo moi esixente. “É un deporte moi completo, require concentración como o xadrez e un tacto especial, é mental e pasional”, sinalou Pérez, quen leva vinculado ao club desde os 14 anos e avoga por achegar o billar á mocidade para desterrar a idea de que é só un xogo de bar.

Javier Pérez

O club, que conta cuns quince xogadores, viu un crecemento modesto pero constante, incluíndo a incorporación de talentos internacionais como un xogador belga e varios colombianos, atraídos pola tradición billarística que temos aquí. “Hai moi bo ambiente, axudámonos entre todos”, destacou Pérez, agradecendo o apoio de institucións, patrocinadores e o Círculo Cultural de Chapela, aínda que abriu a porta a novas colaboracións para seguir crecendo.

Javier Pérez

A nivel individual, Pérez ten a mirada posta en meterse entre os catro mellores de Galicia para representar á selección galega, un soño que pasa por destacar nos próximos campionatos en Viveiro e Chantada. A nivel colectivo, o obxectivo é claro: “Chegar aos playoffs e subir a Primeira por méritos propios”. 

Javier Pérez

A última fase do Campionato Nacional  celébrase o 10 de maio e a Copa Galicia se disputará o sábado 24 de maio no Club Billar Lalín. Esta son citas crave para pechar unha tempada que pode ser histórica para o CCR Chapela Rodavigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: