Hoxe é Domingo 1 de Xuño de 2025

A Dixitalización na escola, a debate

meos edixgal

A Federación de ANPAS de Redondela presenta este xoves en Redondela o informe sobre a dixitalización na escola e o programa E-Dixgal. Un informe elaborado polas Anpas Galegas baseado nunha enquisa a máis de 4.000 familias e que busca analizar as consecuencias da implantación dos materiais educativos dixitais nos centros escolares así como identificar as áreas nas que é preciso introducir melloras. A profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e directora do informe, Esther Martínez, será a encargada de conducir a charla que se desenvolverá no multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas.

O informe titulado “Dixitalización na Escola e E-Dixgal” foi elaborado pola Confederación ANPAS Galegas, co obxectivo de coñecer as opinións das familias galegas sobre o uso dos recursos dixitais na educación, especialmente no que respecta ao programa E-Dixgal, que introduce os materiais educativos dixitais na formación do alumnado galego. A través de máis dunha enquisa realizada a máis de 4000 familias das catro provincias galegas, analízase como as familias valoran o programa E-Dixgal, identificando tanto as vantaxes como as áreas que necesitan mellora.

Durante a presentación do informe, Esther Martínez, membro de ANPAS Galegas, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e directora do informe, realizará un análise detallada dos resultados e as conclusións extraídas do estudo.

O presidente da Federación de ANPAS de Redondela, José Manuel lago fai un chamamento á comunidade educativa  para asistir a este evento, que será unha oportunidade para reflexionar sobre o futuro da dixitalización na escola e do programa E-Dixgal.

Lago tamén puxo de manifesto a necesidade de reformular o programa para que as ferramentas dixitais se introduzan de forma adecuada ás idades e necesidades de cada etapa educativa. Destacou que é necesario explorar sistemas híbridos, que non penalicen competencias fundamentais para o desenvolvemento educativo, como a lectura, a escritura ou a interacción social, que son cruciais para o crecemento intelectual e emocional dos estudantes “Débese garantir que a tecnoloxía non reste importancia a esas habilidades, senón que as complemente de maneira equilibrada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: