Hoxe é Martes 17 de Xuño de 2025

A Bomboneira vibra co SAR Rodavigo malia non clasificar

495000051_1227154172752841_889353718046040454_n

O BM Leganés dominou o sector xuvenil feminino celebrado en Redondela do 2 ao 4 de maio, vencendo os tres partidos con solvencia para asegurarse unha praza no Campionato de España, nunha fin de semana chea de emoción, balonmán e festa no Pavillón Municipal da Bomboneira.

A competición arrancou o venres 2 de maio co partido inaugural no que o BM Leganés impúxose con claridade ao Clínica Ofelia Casanueva BM Pereda por 38-17, demostrando a súa fortaleza desde o inicio. A continuación, o SAR Rodavigo estreouse superando ao BM Plasencia por 27-17 nun encontro moi completo, marcado polo carácter, o xogo en equipo e unha defensa sólida nos momentos clave, acompañado polo apoio incondicional da bancada. A xornada rematou cunha “Noite de Karaoke” ás 22:30 h nunha carpa exterior, onde os asistentes disfrutaron de bocadillos, bebidas e sorpresas baixo cuberto.

O sábado 3 de maio continuou a acción co BM Leganés consolidando o seu dominio ao vencer ao BM Plasencia por 32-19 nun partido onde mantivo un ritmo alto e un xogo sólido. Pola súa banda, o SAR Rodavigo caeu ante o BM Pereda por 15-27 nun enfrontamento esixente onde, a pesar do resultado adverso, as xogadoras deixaron todo na pista, apoiadas pola incansable afección da Bomboneira. Pola noite, ás 22:00 h, a “Noite de Festa” animouse coa actuación do grupo local Chocolate Sexy, cuxo rock enérxico fixo vibrar a carpa, que seguiu ofrecendo comida e bebida.

O domingo 4 de maio pechou o torneo con BM Plasencia enfrontándose a BM Pereda ás 10:30 h, seguido do decisivo encontro entre SAR Rodavigo e BM Leganés ás 12:30 h, onde o equipo local caeu por 18-31 ante unhas leganenses que completaron unha actuación impecable.

A pesar de non lograr a vitoria, o esforzo das xogadoras do SAR Rodavigo foi incansable, e cada minuto na pista, acompañado polos aplausos da bancada, reflectiu a entrega do equipo. Durante todo o fin de semana, os sorteos con agasallos do comercio local, aos que os organizadores agradeceron o seu apoio, engadiron un toque especial, facendo deste evento unha festa inesquecible.

Sector Infantil Feminino: Do 15 ao 18 de maio

Redondela acollerá o Sector B do Campionato Estatal Infantil Feminino do 15 ao 18 de maio, unha etapa clave da tempada 2024/2025 encadrada na competición da Real Federación Española de Balonmán, aínda que organizada localmente polo Club SAR Balonmán, a Peña Vieira e o Concello de Redondela. O SAR Rodavigo, representando o 2º posto de Galicia, enfrontarase a Errotabarri Zuria Infantil (3º de Euskadi), BM Ágreda (1º de La Rioja) e BM Gijón (1º do Principado de Asturias). Este torneo, tamén na Bombonera, será unha oportunidade para que as xogadoras máis novas demostren o seu talento e loiten por avanzar na competición nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: