Hoxe é Luns 2 de Xuño de 2025

“Los invitados de Amaia” e “La casa de la abuela” gañadoras do Festival de Curtametraxes Andaina

fic andaina

O Festival de Curtametraxe Andaina baixaba o telón esta fin de semana coa entrega dos premios de público e xurado. “La casa de la abuela” da directora viguesa Ashling Ocampo recibiu o premio do público á mellor obra de ficción, mentres que “Los invitados de Amaia” obra dirixida polo xeorxiano George Todria, fíxose co premio do xurado á mellor obra de ficción. Un festival que durante dez días achegou o cine máis inclusivo aos centros escolares e ao público en xeral.

O FIC Andaina rematou a súa decimo terceira edición e fíxoo coa entrega dos premios ás curtas galardoadas.

O premio do xurado foi para o título “Los invitados de Amaia” unha cinta na que se fala do Alzheimer a través da relación entre Nerea e a súa nai Amaia, quen a causa da enfermidade xa non pode recoñecer a súa propia filla. Premio tamén para o traballo dirixido pola viguesa Ashilng Ocampo “La casa de la abuela”. Unha curtametraxe que nos achega á vida de Mer, unha moza con Síndrome de Down que durante a celebración do seu 18 aniversario anuncia a súa decisión de sacar o carnet de conducir sen atopar o apoio entre os seus achegados. A peza fala das espectativas da xuventude e pon en valor a diversidade, algo que foi ben acollido polo público quen lle outorgou este galardón. A súa protagonista, a actriz María Iriondo no papel de Mer, recibiu tamén o premio a mellor interpretación, recollendo o galardón da man do director do festival, Antonio García.

Premios tamén para a cinta Operación ecce homo, da Asociación Atades de Zaragoza dentro da categoría escolar, mentres quen a na sección documental, resultou gañadora a obra da cántabra Lucía Venero “Cala, cala son” gravada en Guinea Bissau.

O longo destas dúas semanas o Ficandaina levou o cine a vila dos viadutos e tamén saltou a ría ata a veciña vila de Moaña. Pero ademais de cine, este festival fai da diversidade funcional, un elemento condutor onde os preto de 2000 espectadores, disfrutaron de actividades, encontros e charlas, con convidados como a Compañía Variopinto, a Asociación Lenda ou a visita da medallista paralímpica Judith Rodriguez, o que fai deste festival un encontro único destas características na nosa comunidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: