Hoxe é Domingo 15 de Xuño de 2025

Carla, Rubén e David gañan o bronce na Olimpíada europea de Ciencias Experimentais celebrada en Croacia

alumnos redodnela eoes2

Carla Acosta, Rubén Lago e David Lago, alumnos de Redondela do Instituto Mendiño e Pedro Floriani, veñen de facerse cunha medalla de bronce nas olimpíadas europeas de ciencias experimentais celebradas entre o 26 de abril e o 3 de maio en Zagreb. O xefe territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, achegouse este luns a Redondela para felicitar aos tres estudantes polo bo resultado acadado nesta competición científica.

A EOES (Olimpiada Europea de Ciencias Experimentais) é unha olimpíada científica anual na que participan mozos e mozas de 24 países da Unión Europea. O equipo conformado por estes tres representantes de Redondela debeu amosar o seu bo facer en probas que engloban saberes de bioloxía, química e física. Unha competición no que o espírito de equipo prima sobre o rendemento individual e no que os estudantes redondeláns lograron facerse cunha medalla de bronce.

Una olimpíada que neste 2025 celebrouse na capital croata e que busca fomentar o interese polas ciencias e a aprendizaxe científica a través da experimentación e o intercambio cultural entre os participantes que se desprazaron a Zagreb acompañados do profesor de bioloxía do IES Mendiño, Pablo Blanco.

Un equipo laureado

Carla, Rubén e David conforman un equipo gañador, xa que esta medalla de bronce supón repetir un recoñecemento que xa obtiveran na Olimpíada Internacional Xuvenil de Ciencias celebrada en decembro de 2023 en Bangkok (Tailandia) cando aínda eran alumnos de ESO no Illa de San Simón. Naquela ocasión competiron nas materias de matemáticas, bioloxía, xeoloxía, física e química, tras seren proclamados gañadores na fase nacional e lograron acadar tamén unha medalla de bronce.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: