Hoxe é Sábado 24 de Maio de 2025

Detido un condutor tras unha persecución policial por Chapela

coche poli persecueción

Os feitos producíanse ás 2:00 horas da madrugada do sábado cando o home, veciño de Redondela de 30 anos de idade, saltouse un control policial na avenida de Redondela, á altura do pavillón de Chapela, e deuse a fuga. A persecución pola parroquia rematou cando o vehículo colidiu contra o portal dunha vivenda, procedendo os axentes a deter ao varón a quen se lle imputan varios delitos contra a seguridade viaria así como polos danos causados durante a súa fuxida.

Axentes da Policía Local e Nacional detiñan na madrugada deste domingo un home veciño de Redondela, tas unha persecución que se iniciaba nun control rutineiro que se estaba a realizar en Chapela.  O feitos iniciáronse cando o home, que nun primeiro momento amagou con deter o seu vehículo cando se atopou co control, emprendeu a fuxida durante preto de medio kilómetro. Os axentes perseguiron  o vehículo por Avenida de Redondela e o seu posterior desvío pola rúa Subida a Cidadelle, circulando en dirección contraria un 200 metros por esta vía ata que se incorporou ao camiño Pardal. Nesa vía colidiu contra un turismo estacionado que afortunadamente serviu de protección e evitou o atropelo dunha familia que se atopaba no lugar e tiveron que esquivar o vehículo para evitar seren alcanzados.

Lonxe de deterse, o individuo continuou coa súa fuxida ata o remate da rúa onde chocaría de xeito frontal contra o portal dunha vivenda, lugar no que foi interceptado e detido.

O condutor enfróntase a vario delitos contra a seguridade viaria como condución temeraria, conducir co permiso suspendido e baixo a influencia de sustancia estupefacientes, xa que nas probas realizadas deu un resultado positivo. Tamén se lle imputan diferentes infraccións administrativas por non respectar as ordes dun axente cando se lle deu o alto, non respectar sinais de entrada prohibida ou circular sen facer uso do alumeado regulamentario obrigatorio, xa que ante de iniciar a fuxida apagou as luces do vehículo.

A maiores, o home deberá responder polos danos producidos como consecuencia do accidente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: