Hoxe é Sábado 24 de Maio de 2025

Arranca un taller de marcha nórdica “unha actividade saudable recomendada a calquera idade”

marcha nórdica1

Ricardo Angueira será o encargado de impartir este obradoiro que organiza a Fundación Filomena Rivero Alonso e que se vai desenvolver nos concello de Redondela e Pazos. A inscrición está aberta no enderezo info@marchanordicagalicia.com e o primeiro dos talleres desenvolverase este sábado cunha xornada teórica na que se ensinará aos participantes os conceptos básicos e a técnica desta modalidade deportiva. A continuación os mércores faranse saídas en horario de 19:30 a 20:30 que permitirá tamén coñecer a contorna de xeito periódico ata o 25 de xuño.

En pouco máis dunha década a marcha nórdica pasou de ser unha gran descoñeza a ir sumando adeptos en gran medida, tal e como nos explica o monitor do curso e especialista neste deporte “grazas ás recomendacións dos propios profesionais da saúde que ven nesta práctica enormes vantaxes sobre o estado físico e anímico dos que a practica”. Angueira subliña que os beneficios son múltiples. Indicada a calquera idade é unha modalidade deportiva accesible, aeróbica que mellora a coordinación, o equilibrio e mobiliza grandes grupos musculares que nos permitirá queimar máis calorías… en definitiva, unha disciplina que auna os beneficios que poderíamos ter practicando natación e pilates a un tempo.

Unha actividade que nos últimos anos ten sumado practicantes malia que ao realizarse con dous bastóns moitas veces leva a confundilos cos peregrinos. Angueira apunta que se trata de bastóns diferentes que requiren dun pouco de técnica para o seu bo desenvolvemento e cuxo dominio aumenta coa práctica.

Un bo xeito de achegarse a esta actividade é a través desta proposta da Fundación Filomena Rivero que permitirá coñecer a marcha nórdica, realizar unha actividade ao aire libre, socializar e coñecer a contorna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: