Hoxe é Mércores 18 de Xuño de 2025

O alumnado irlandés de intercambio no IES Mendiño adáptase á normalidade tras a súa chegada en pleno apagamento

alumnado erasmus 2

Un total de 20 nenos e nenas de 14 e 15 anos, xunto a dúas profesoras, chegaban este luns procedentes de Irlanda dentro do programa de intercambio do Instituto Mendiño. Fixérono na xornada na que toda España e Portugal quedaban a escuras tras a caída da rede eléctrica. Unha xornada que a coordinadora do programa e vicedirectora do Mendiño, María Filgueira viviu con moita incerteza ante as continuas dificultades para comunicarse coas familias acolledoras, co propio alumnado de intercambio e coas súas familias de orixe logo de que teléfono e internet, xunto coa propia electricidade, caera durante 18 horas.

As familias acolledoras, o alumnado que chegaba de Irlanda e o propio centro enfrontáronse este luns a un grave problema ante a imposibilidade de comunicarse entre eles, lembremos que durante boa parte do luns as chamadas eran imposibles e a cobertura a través das mensaxes tamén ía a viña por momentos. A coordinadora do programa María Filgueira confesa que viviu esas horas con “moito estrés, sen saber sequera se saíran do seu país de orixe e tamén poñéndose no lugar das familias que descoñecen como están os seus fillos a centos de kilómetros de distancia”.

María Filgueira, Corodinadora do programa de intercambio

Unha incerteza constante ao longo de todo o día porque non se sabía se o avión tiña despegado, se chegara con normalidade a Santiago ou se o autobús que tiña que recoller aos rapaces os estaba trasladando a Redondela… finalmente as familias acolledoras, tal e como estaba previsto achegáronse aos Instituto que era o punto de encontro e puideron recibir a estes 20 alumnos que van pasar unha semana nas casas dos rapaces e rapazas galegas que participan da experiencia. María Filgueira cóntanos como se sucederon os feitos na xornada do luns.

Incerteza tamén entre pais e nais que recibían a este estudantado e que, de súpeto, atopábanse sen moitas opcións á hora de darlles de cear ou realizar as actividades programadas ante unha situación completamente inesperada provocada polo apagamento. Unha situación que se prolongaba onte xa que ao suspendérense as clases este martes tamén se suspendeu a programación organizada polo propio centro educativo

Hoxe xa será un día de normalidade para toda esta rapazada que xa puido coñecer o Instituto e que aínda teñen por diante días para gozar de Redondela. En outubro serán os alumnos e alumnas do Mendiño os que viaxen ata a Irlanda dentro deste programa de Intercambio. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: