Hoxe é Xoves 19 de Xuño de 2025

Detido o presunto autor de tres roubos logo de ser localizado nunha zona prohibida do túnel do AVE

poli local

O home, de 24 anos de idade foi detido o domingo logo de que o 112 – tras recibir unha chamada da veciñanza- alertara da presenza dun individuo que saltara o valado que rodea a entrada ao túnel do AVE en Santo Estevo de Negros e botara a andar polo seu interior, o que obrigou a deter o tráfico ferroviario. O home foi detido pouco despois pola Policía e pasou a disposición xudicial tras ser recoñecido como o presunto autor de tres intentos de roubo en días previos.

Axentes da Policía Local procederon este domingo ás 12:00 horas á detención dun home de nacionalidade marroquí e sen domicilio coñecido, tras alertar o 112 Galicia de que unha persoas saltara o valado e accedera ás vías do tres á altura do túnel situado na parroquia de Santo Estevo de Negros. O individuo internouse cinco kilómetros no túnel o que provocou que se paralizase o tráfico ferroviario ata que se garantiu que a persoa, unha vez localizada polos axentes que procederon a súa detención, xa non se atopaba nas vías.

Malia que o home foi detido nun primeiro momento por ter accedido a unha zona prohibida, sería identificado posteriormente polos Axentes como o presunto autor de varios intentos de roubo na noite do día 23 cando tentara roubar unha moto, rompera o cristal dun coche para acceder ao seu interior e tentara tamén entrar nunha vivenda, desistindo finalmente tras ser sorprendido pola policía.

O home pasou xa a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: