Hoxe é Mércores 18 de Xuño de 2025

Un Luns do Cristo fundido a negro

luns do cristo

Electricidade, teléfono e internet caían en torno ás 12:33 horas de onte luns, festivo local en Redondela. Malia situación de incerteza que estaba vivindo a poboación, mantívose a procesión do Cristo que volveu tomar a rúa en torno ás oito da tarde.

O subministro foise recuperando logo de varias horas en boa parte da península. As 23:00 horas comparecía o presidente do goberno Pedro Sánchez para confirmar que electricidade xa se recuperara nun 50% do territorio, mentres a nosa comarca continuaba completamente a escuras, con veciños e veciñas ao redor de transistores a pilas para poderen informarse.

A luz en Redondela recuperouse as 6:15 horas da mañá deste martes nun día no que se cancelou a actividade lectiva en colexios e institutos do mesmo xeito que o transporte escolar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: