Hoxe é Mércores 18 de Xuño de 2025

Redondela supera o apagamento sen incidencias graves

centor saúde

O goberno local puxo en marcha un gabinete de crise presidido pola alcaldesa, Digna Rivas e con presenza de Policía Local, Policía Nacional e Protección Civil. Os puntos críticos na xonrada de onte, logo de que caera o subministro eléctrico ás 12:33, foron o Centro de saúde e o Centro de día de Cesantes que carecían de grupos electróxenos con capacidade suficiente para atender a demanda de usuarios, usuarias e pacientes o que obrigou ao Concello a proporcionarlles xeradores eléctricos. A normalidade en Redondela en canto á electricidade recuperouse case ao 100% en torno ás 6:00 da madrugada. Con todo, os teléfonos e as comunicacións tanto a través dos móbiles como en internet aínda reportan problemas. De feito, Concello e Policía local continúan sen comunicación telefónica.

O goberno local reuniu un comité de emerxencia nada máis coñecer o complicado da situación, unha vez que o Director de Unión Fenosa de Pontevedra lle trasladaba á alcaldesa ao redor das 13:00 horas do luns que a falta de subministro  ía prolongarse durante varias horas. O gabinete de crise integrado pola Policía Local e Nacional, Protección Civil xunto con representantes do goberno coa alcaldesa Digna Rivas á cabeza, abordaron a situación asumindo as necesidades máis urxentes.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Os puntos máis complicados foron o Centro de saúde e o centro de día de Cesantes porque, segundo explica Rivas, carecían de xeradores eléctricos con capacidade suficiente para atender as demandas dos seus usuarios e foi preciso colocar xeradores para axudar a ese persoal sanitario. Lembramos que o centro de saúde estaba pechado ás consultas habituais por tratarse dun día festivo, pero si precisaban dun subministro eléctrico potente para atender as urxencias. Foi preciso darlles servizo a través dun xerador que foi achegado polo servizo eléctrico do concello.

Malia que non houbo ningunha situación especialmente grave si houbo tensión e nerviosismo, pola imposibilidade para comunicarse cos eses centros e pola preocupación de que non se puideran atender aqueles pacientes e usuarios que precisan, por exemplo, dun respirador ou outros aparellos eléctricos.

A falta de comunicación, coas liñas telefónicas caídas nos servizos da Policía e co 112 e o 061 dende as 12:33 horas de onte, obrigou tamén a activar un operativo formado por cinco patrullas da Policía Local e cinco da nacional. Os axentes realizaron percorridos continuados polas parroquias para que non caso de que houbera algunha emerxencia os veciños saíran a rúa a alertar da situación e tentar dar resposta a esas demandas.

Con todo, e malia a incerteza existente e a preocupación obvia por parte da veciñanza consonte avanzaban as horas e non se solucionaba o problema, non hai que lamentar incidentes salientables na nosa contorna “o feito de que fora un día festivo facilitou a xornada, xa que había moito menos tráfico do habitual” con colexios e negocios pechados.

En canto a celebración da procesión polo Luns do Cristo, que percorreu as rúas da vila a partir das 20:00 horas, non se valorou a súa suspensión porque “cos efectivos existentes valorouse que había capacidade par atender a procesión e non deixar desatendidas outras urxencias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: