Hoxe é Mércores 18 de Xuño de 2025

Redondela dá a benvida á primavera con 23 Maios

maios

Un total de 23 Maios participan este xoves día 1 da tradicional benvida a primavera que, se o tempo o permite, celebrarase na Alameda Castelao. Anpas, asociacións de mulleres, cultuais e sociais, centros deportivos e veciños e veciñas a nivel particular participan desta edición da festa dos maios que repite éxito de participación, animados tamén por unhas axudas municipais que duplicaron a súa contía nesta edición.

Como todos os anos a exposición das figuras vexetais permitirá ver os tradicionais conos e cruceiros que compiten na categoría de maio tradicional, mentres que as figuras máis sorprendente as atoparemos entre os Maios artísticos onde os participantes botan man da imaxinación para dar forma a figuras que en moitas ocasión se inspiran no folclore e a arquitectura: a Coca, os furanchos, os viadutos… para dar forma a unhas esculturas efémeras que buscan tamén facerse cun dos tres premios que se outorga en cada unha das categorías.

A celebración desenvolverase entre as 12:00 horas e as 15:00 coa interpretación das coplas sobre o escenarios e o ditame final do xurado coa lectura dos premiados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: