Hoxe é Mércores 18 de Xuño de 2025

Empate do Choco na casa ante o Beluso

WhatsApp Image 2025-04-14 at 17.29.42

Na Preferente, o CD Choco logrou un empate a un gol na casa ante o Beluso, sumando un punto clave na loita pola permanencia. Os de Redondela sitúanse na décimo quinta posición a falta de dous partidos para o final. O seguinte desafío será ante o Celtiga FC, un rival forte que aspira ao ascenso.

En Primeira Galicia, o C.D. Soutomaior venceu por 2-1 ao Valiño, pero segue afundido nos postos de descenso, coa salvación case imposible. Pola súa banda, o Arcade arrancou un empate a dous goles ante o Marín, manténdose na zona alta da táboa, aínda que lonxe do soño do playoff. O próximo enfrontamento será un emocionante derbi entre Soutomaior e Arcade no Campo Municipal Graciano Padín.

Na Segunda Galicia, o C.D. Atlético Villar caeu na casa por 0-2 ante o C.D. Vincios, pero conserva a permanencia. O domingo visitarán ao Godomar F. Base co obxectivo de sumar puntos.

En Terceira Galicia, na liga de Pontevedra, o Cesantes venceu 0-2 na súa visita ao Poio, e mantense na metade da táboa coa permanencia asegurada. O seu próximo reto será na casa ante o Caldas CF “B”. Na liga de Vigo, o Chapela CF empatou a tres goles contra o Moledo CF e xa se prepara para recibir ao C.D. Nieto no seu seguinte encontro.

O fútbol local segue vibrante, con moito en xogo nas últimas xornadas!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: