Hoxe é Sábado 14 de Xuño de 2025

Chapela acolle este sábado a Festa da Pascua que fora adiada polo mal tempo

via-verde-chapela

A Asociación de Veciños de Chapela argallou esta actividade pensando nos máis cativos con propostas orientadas a nenos de 3 a 11 anos e tamén para os de maior idade, os que teñan entre 12 e 16 anos. Os participantes poderán facerse con atractivos premios e gozar dunha tarde en familia na vía verde este sábado día 26. Malia que nun principio estaba previsto que se celebrar o pasado 12 de abril o mal tempo obrigou a pospoñer a celebración.

Esta “festa de pascua” arrancará ás 17:00 horas nunha zona acotada da Vía verde nas inmediacións da sede da Asociación. Entre os máis cativos a convocatoria foi xa todo un éxito porque se superaron as 40 prazas dispoñibles. Nenos e nenas que poderán participar en xogos clásicos como o xogo da cadeira ou tirar da corda, participar dun obradoiro de decoración de ovos, competir nunha carreira de sacos e gozar coa historia de “A rata e o pirrata”. Unhas actividades das que nos achegaba máis datos Angela Méndez da Asociación de Veciños.

Os que teñan entre 12 e 16 anos teñen a opción de participar nunha  “Búsqueda de ovos de Pascua”, un xogo cuxa dinámica consiste en atopar dous ovos dourados seguindo as pistas que se publicarán ao longo do propio sábado sobre a ubicación.

Unha iniciativa que a Asociación confía teñan continuidade de cara ao futuro, sobre todo atendendo ao enorme interese que espertou entre os máis novos da parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: