Axentes da policía Local foron requiridos este domingo nunha actuación pouco habitual. Foi precisa a súa intervención para liberar e devolver ao río Alvedosa dúas crías de parrulo que quedaran atrapadas nunha arqueta na rúa Ernestina Otero. Unha actuación que se resolveu cun final feliz.
Os feitos tiveron lugar ás 10:00 horas da mañá de onte cando un veciño alertou da presenza dos animais metidos na canalización nas proximidades do supermercado Froiz. Ata o lugar desprazáronse os axentes, quen lograron liberar os parrulos que meteron nunha caixa de zapatos e trasladaron ata o río, co obxecto de devolvelos coa súa nai.
O vídeo do rescate e posterior liberación pode verse aquí