A cita gastronómica arranca esta mesma noite cunha celebración que se prolongará ata o vindeiro domingo e que confía en repetir a asistencia de público de edicións anteriores nas que se superaron as 30.000 persoas que poderán degustar as ostras a prezos populares. A ducia de ostra custará 10 euros e para acompañar servirase viños albariños de Soutomaior a 12 euros a botella. O pregoeiro desta edición será o humorista Celso Fernández Sanmartín “Celsiño”.
As orquestra América de Vigo e París de Noia inauguran esta noite tres dáis de festa para gozar da ostra, o produto estrela de Soutomaior.
Con todo haberá que esperar a mañá para poder degustar a ostra nas casetas instladas no peirao de Arcade. Será o sábado a partir da 12:00h., nunha xornada amenizada polos pasarrúas de Bassica Rapa e con verbena nocturna a cargo das orquestras Olympus e Kubo. Unha gran tirada de fogos de arteficio na medianoite pechará a xornada.
O domingo 6 de abril o día arrancará ás 10:00 da mañá co pasarrúas da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade dende o Calvario ata o Peirao. As once terá lugar a apertura das casetas e ás 13:00 horas o contador de historias e monologuista, veciños do concello de Soutomaior, Celso Fernández Sanmartín será o encargado do pregón. Xa pola tarde terá lugar a actuación dos “Festicultores Troupe”.