Hoxe é Martes 20 de Maio de 2025

Rober: “O proxecto do Xuvenil de División de Honra é merito do traballo do Redondela FS coa canteira”

WhatsApp Image 2025-03-11 at 11.03.18 (1)

O equipo, que compite na División de Honra Xuvenil a nivel nacional, precisa tan só dúas vitorias para asegurar matematicamente a permanencia. Rober, o seu adestrador, valora de xeito moi positivo o rendemento dos seus xogadores nesta campaña, nunha liga altamente competitiva onde cada punto custa un esforzo enorme. Actualmente, sitúanse de 11 na clasificación xeral, unha posición que reflicte o bo traballo realizado ata o momento.

“O balance é moi positivo tendo en conta que o equipo debuta nesta competición”, Rober.

O éxito do conxunto reside na aposta do club pola canteira. Este grupo de xogadores, que medraron xuntos desde a categoría benxamín, é o resultado dun proxecto que Rober define como “incrible e mérito de toda a entidade”. O actual adestrador coñéceos ben, porque leva con eles desde cadetes, o que reforza a cohesión e o entendemento do equipo. Froito dese traballo, oito dos actuais xuvenís ascenderán á categoría sénior en Preferente a próxima tempada, onde se espera que sexan “un piar potente”. De feito, moitos xa apoian o primeiro equipo, demostrando que o salto está cada vez máis preto. “Nutrirnos da súa experiencia é fundamental”, apunta.

“Levo catro anos adestrando a este grupo, dende cadetes”, Rober.
“Algún xa está en dinámica do sénior en Preferente”, Rober.

A nivel deportivo, o Redondela FS destaca pola súa capacidade ofensiva, con 94 goles en 22 partidos, unha cifra que reflicte o seu bo facer no ataque. Con todo, a defensa segue sendo o seu talón de Aquiles. “Encaixamos demasiados goles na segunda parte, o que desequilibra o traballo feito durante o encontro”, explica o adestrador. Para mellorar nesta recta final da tempada, o adestrador sinala dúas claves: reforzar a solidez defensiva e manter a intensidade ata o pitido final.

“Temos que mellorar o esquema defensivo”, Rober.

A División de Honra Xuvenil, no seu Grupo 1, é unha competición que o técnico define como “moi igualada”. “Todos os equipos teñen un nivel similar, aínda que algúns destaquen un pouco máis, cada partido é complexo e require o mellor de nós”, asegura. Esta competitividade fai que cada punto sume en ouro, e o Redondela FS está decidido a non baixar os brazos.

“O Noia sobresaía dos demáis, pero agora a competición está moi igualada”, Rober.

O próximo partido, este sábado 15 de marzo, levará aos de Redondela a enfrontarse ao Ribeira Fútbol Sala, situado de 13 na táboa. A pesar da situación do rival, Rober advirte: “Non vai ser doado; están necesitados de puntos e xogan na casa”. Con todo, o obxectivo está claro: sumar unha vitoria que achegue ao equipo á permanencia canto antes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: