Hoxe é Mércores 11 de Xuño de 2025

O BNG conmemora o 8M cunha charla na Casa da Cultura

lucia pereda

Foto: Lucia Pereda nun acto con alumnado no Multiúsos

O acto “Sementando a igualdade” desenvolverase este venres 14 ás 20:00 horas e contará coa intervención da responsable comarcal de Galiza Nova, Iria Custodio, a delegada sindical María Xosé García e a axente de igualdade, Lucía Pereda. As tres poñentes debaterán sobre a situación actual e futura da muller na sociedade.

A elección destas tres participantes non á casual, xa que busca promover o feminismo abordando algún dos piares máis urxentes da sociedade: a mocidade, a loita sindical e a igualdade de xénero.

No acto intervirá Iria Custodio, responsábel comarcal de Galiza Nova, quen se aproximirá ao tema desde o punto de vista da mocidade organizada e o traballo realizado para construír unha sociedade libre de patriarcado.

María Xosé García, delegada sindical pola CIG en OP Mobility (Plastic Omnium), falará sobre o traballo sindical desde a área de mulleres da CIG e como se enfoca o traballo feminista nunha fábrica de automoción.

Finalmente a educadora social e axente de igualdade, Lucia Pereda relatará a súa experiencia no traballo en institutos sobre a percepción do feminismo entre as adolescentes.

As tres voces contan cunha gran traxectoria no seu ámbito de  traballo e centrarán o seu discurso nas demandas sociais que o feminismo, desde diferentes perspectivas, reclama no concello de Redondela. Verónica Rodríguez forma parte do consello local do BNG

O BNG pon de manifesto a necesidade de accións feministas en Redondela para combatermos a vaga reaccionaria no discurso mediático dos últimos tempos. Por iso, poñen en valor a importancia de actos que tenten mudar as tendencias actuais na vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: