As mulleres interesadas en asistir poderanse inscribir en liña antes do 17 de marzo ou de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h. A cita ten como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio. O evento terá lugar o sábado 29 de marzo e o destino elixido nesta edición é a localidade de Salvaterra de Miño.
As mulleres que desexen asistir terán que pagar 25 euros as empadroadas en Soutomaior e 30 euros para as non empadroadas. Un prezo que inclúe todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada que arrancará ás 9:00 horas do sábado 29 cando as participantes suban ao autobús que sairá dende Arcade.
Unha vez chegadas a Salvaterra de Miño as asistentes terán a opción de elixir a actividade da mañá, ben darse un baño nas termas ao aire libre de Salvaterra de Miño ou unha visita ao Museo da Ciencia do viño. Trala actividade de maña a terá lugar a comida que será no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado o xantar a actividade da tarde consistirá nunha visita a Vilanova da Cerveira. O regreso deste encontro será sobre ás 19:30h. con chegada prevista en torno ás 21:00h.
A concelleira de benestar social e Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, convida a todas as mulleres a participar neste encontro, do que dixo que “ se trata dun evento que busca ofrecer un espazo para compartir experiencias, aprender e desfrutar de actividades enriquecedoras. É unha ocasión ideal para fortalecer a comunidade”.
As inscricións para este evento serán en liña, a través da web do concello www.soutomaior.gal dende o 6 ata o 17 de marzo ás 14:00h. Todas as mulleres que o desexen tamén poderán facer a inscrición de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h.