Os datos da empresa pública Seaga confirman que esta especie xa aniña en todos os concellos de Galicia, sendo ademais os municipio situados a ambos lados da AP-9 os que presentan unha maior incidencia. En Redondela o servizo do SEIS retomou estes días o trampeo de niños co obxecto de reducir a presenza de velutinas no noso territorio.
Persoal do servizo de emerxencias do Concello de Redondela traballa desde hai días no trampeo e eliminación de niños da perigosa avespa velutina. A técnica do trampeo para eliminar os niños reduciu significativamente a reprodución desta especie. Esta práctica, que comezou a implementarse en Redondela no ano 2020, está a cargo do Servizo de Extinción de Incendios Concello de Redondela) e realízase nos meses que van dende febreiro ata maio, coincidindo co período no que as velutina constrúen os seus niños. As trampas, que permiten interromper o ciclo vital destas avespas, póñense de xeito selectivo en zonas de auga e alimentos e son reutilizables.
O obxectivo destas iniciativas, que se acometen practicamente en toda Galicia, buscan frear a expansión desta especie invasora, minimizar os seus efectos e que ocasione o menor dano posible. A súa erradicación non está contemplada, porque a día de hoxe, segundo os expertos é imposible.
O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, fai un chamamento á cidadanía para que se localizan niños de velutinas se poñan en contacto co Concello. Os técnicos valorarán a situación e implementarán a técnica máis axeitada para eliminalo