Hoxe é Xoves 5 de Xuño de 2025

Investigado un mozo de 31 anos por circular sen permiso, sen ITV e con 6 persoas no interior do turismo

camiño miñoteira

Axentes da policía local de Redondela procederon na tarde do pasado venres a investigar un veciño de Redondela de 31 anos de idade por un presunto delito contra a seguridade viaria logo de interceptalo no Camiño da Miñoteira en Ventosela cometendo numerosas infraccións.

Os axentes procederon a darlle o alto ao vehículo logo de cruzarse co turismo e decatarse de que o varón que conducía –un vello coñecido da policía- carecía do carné de conducir. Con todo, non sería esta a única infracción a que se enfronta este veciño de Redondela xa que no interior do turismo ía 6 persoas, cando o máximo permitido para o vehículo que conducía son cinco pasaxeiros, e carecer ademais da ITV.

O condutor enfróntase a diversas sancións económicas pola suma das diferentes infraccións detectadas así como a retirada de varios puntos do carné.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: