Hoxe é Sábado 14 de Xuño de 2025

Protección Civil busca ampliar a agrupación de voluntarios

protección civil

As persoas interesadas en formar parte da agrupación de voluntarios de protección civil de Redondela non teñen máis que poñerse en contacto con este servizo cubrindo un formulario con seus datos persoais que poden atopar neste enlace ou chamando ao teléfono 986 40 10 02. .

O servizo realiza unha labor solidaria e altruísta, con persoas con vocación e paixón por axudar aos demais. Entre as súas tarefas atópase a de participar en dispositivos preventivos en eventos de gran concorrencia (festas, eventos deportivos, procesións, entroido de verán…) e colaboran coa Policía Local en tarefas de tráfico ou accidentes de circulación.

Os requisitos para entrar a formar parte da agrupación son ter máis de 18 anos e non sería preciso contar con experiencia previa, xa que se ofrece formación gratuíta de cara a contar, por exemplo, con coñecementos básicos de primeiros auxilios. Tamén recibirían formación de i

ntervención en incendios urbanos e forestais, accidentes na estrada, procura de persoas, condución en emerxencias, desfibrilación Semiautomática Externa (DESA) e patrón de embarcacións, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: