Hoxe é Xoves 12 de Xuño de 2025

Casa Paco recoñece a Manuel Iglesias ‘Zaragallas’ pola súa labor deportiva

WhatsApp Image 2025-01-28 at 13.25.15

Foto da anterior edición do galardón do Grupo Casa Paco 81

O Grupo Casa Paco 81 anuncia que a placa “RECOÑECEMENTO”, galardón concedido anualmente a persoas ou entidades que representan os valores do deporte, a convivencia e a amizade, será entregada este ano a D. Manuel Iglesias García, máis coñecido como “Zaragallas”.

Figura esencial na historia do Rápido de Bouzas, Zaragallas chegou ao club en 1961 e, desde entón, desempeñou múltiples funcións: xogador, adestrador, encargado do material, delegado e directivo. O seu compromiso e dedicación convertérono nun referente tanto para o equipo como para o fútbol local.

O acto de entrega terá lugar o domingo 2 de febreiro ás 13:00 horas no Pavillón Municipal de A Marisma. A cerimonia reunirá amigos, familiares e membros da comunidade deportiva nunha emotiva homenaxe á súa traxectoria.

Esta será a décimo terceira edición destes recoñecementos impulsados por Manolo Conde en 2010, cando a primeira distinción foi concedida a Cándido Orge “Ducho”. Desde entón, este galardón busca valorar o traballo e a contribución de persoas e colectivos en distintos ámbitos. No anterior convite de recoñecemento, entregáronse varias placas á Policía Local de Redondela, á Policía Nacional, ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde, a Protección Civil, ao Servizo de Extinción de Incendios e á Cruz Vermella de Redondela. O recoñecemento foi outorgado pola labor imprescindible que estes colectivos desenvolveron durante o ano 2020 en plena crise sanitaria da Covid-19.

Con este premio, o Grupo Casa Paco 81 subliña a importancia do compromiso e da paixón polo deporte, valores que Zaragallas encarnou ao longo da súa vida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: