Hoxe é Domingo 25 de Maio de 2025

Un tellado desprendido principal consecuencia de Herminia, que se despide e da paso a un novo temporal

tellado1

Fotos: Protección Civil Redondela

O temporal Herminia azoutou de cheo o noso concello con fortes refachos de vento e precipitacións persistentes que deixaron incidentes menores como caídas de pólas e pequenos anegamentos, pero tamén sucesos de maior relevancia como o desprendemento do tellado dunha vivenda no en Chapela que obrigou a intervir os servizos de emerxencia.

Dende Protección Civil Adrián Bouzón explicaba que o tellado soltouse do edificio e foi arrastrado ata chocar contra outro edificio. Os efectivos de emerxencias traballaron na súa estabilización para evitar que volvera saír voando ou se precipitara ao chan co perigo que iso podía supoñer para a veciñanza e procederon a balizar a zona. Tamén tiveron que actuar pola caída dun canalón noutro inmoble.

Adrián Bouzón, Protección Civil

Con todo, o traballo destes efectivos, que actúan man a man coa Policía Local, céntrase tamén na prevención polo que ante as alertas meteorolóxicas proceden a pechar espazos como a Alameda de Castelao, os paseos de Maceiras, Miradoiro do Piñeiral do Crego e Paseo da Portela co obxecto de que non se produza ningún incidente ante unha eventual crecida do río ou a caída de árbores que poidan poñer en risco a seguridade dos viandantes.

Tamén fan un chamamento a incrementar a precaución e evitar actividades ao aire libre cando se producen este tipo de fenómenos adversos.

Alertas activas

A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) mantén a alerta vermella na costa de Pontevedra por mar conmbinada de 8 a 10 metros e e vento que pode chegar ata os 74 km/h . Ante esta situación e co fin de reducir riscos recomendan afastarse dos paseos marítimos, diques e praias, respectar os cordóns de seguridade e, por suposto, non realizar actividades de risco nesta situación como sair a navegar, pescar ou realizar deportes acuáticos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: