Martín, Miguel , Paulo e Leiro antes de nadar a remuda
O equipo absoluto do Club de Natación de Redondela desprazouse esta fin de semana ata Ribeira (A Coruña) para disputar a 2ª Xornada de Liga de Clubs, onde conseguiron rebaixar as súas marcas tanto a nivel individual como grupal.
Un dos momentos máis destacados foi o récord do club establecido por Paulo Gunche nos 200m costas, cun tempo de 2’13”21, logrando así unha marca que quedará na historia do club. A súa destacada participación foi un dos momentos máis celebrados da xornada. A nivel competitivo con este resultado acadou o segundo posto a nivel galego, unha prata.
Contaron tamén coa presenza de Luis Leiro, anterior adestrador do club, quen segue mantendo unha excelente forma física, sendo un ex-nadador nacional. A súa presenza foi unha gran motivación para os nadadores e conseguiu alcanzar a prata nos 100 metros braza.
Os resultados foron excepcionais, e case todos os integrantes melloraron as súas marcas persoais. A continuación, os resultados individuais e dos relevos:
- Martín González
- 400m Libres: 5º, 4:30.47
- 50m Libres: 5º, 25.80
- Paulo Gunche
- 200m Costa: 2º, 2:13.21 (récord do club)
- 50m Libres: 3º, 24.81
- Gabriel Blanco
- 200m Costa: 16º, 3:46.78
- Luis Leiro
- 100m Braza: 2º, 1:09.65
- Carla Doval
- 400m Libres: 5º, 5:10.09
- 200m Estilos: 8º, 2:47.24
- Uxía Corral
- 100m Mariposa: 12º, 1:25.78
- 100m Libres: 16º, 1:13.14
- Daniela Losada
- 200m Costa: 12º, 3:15.92
- 100m Libres: 18º, 1:25.20
- Samuel Seijas
- 100m Braza: 10º, 1:19.65
- 200m Estilos: 17º, 2:57.79
- Miguel Rey
- 100m Bolboreta: 12º, 1:12.84
- 200m Estilos: 13º, 2:32.96
RELEVOS
- 4×50 Estilos Masculino: 4º, 1:54.06
- 4×100 Libres Masculino: 5º, 3:50.96

