O tema musical fíxose viral nas últimas horas. Unha canción feita con Intelixencia Artificial na que se narra o suceso do pasado domingo na céntrica rúa de Redondela cando un mozo que estaba facendo derrapes colidía contra un edificio e se levaba por diante a tubaxe obrigando a desaloxar dous edificiós.
“Fast and furious versión Redondela” ou “a todo gas” son algunhas das frases que se poden escoitar nesta canción que con todo detalle relata o accidente que provocou o desaloxo da veciñanza de dous edificios que, ante o temor dunha posible explosión pola rotura dunha tubaxe do gas, abandonaban a toda presa os seus pisos as 7:20 horas.
Pouco despois do suceso xa se fixo viral un vídeo no que se podía identificar perfectamente ao seu condutor, facendo derrapes, conducindo temerariamente e batendo contra o edificio. Nas últimas horas, foi unha canción con intelixencia artificial a que se propagou a través dos wassaps e na que se relata o acontecido. Un tema pegadizo, con ritmo e no que se narra de xeito pormenorizado como “un coche en José Regojo, un domingo a las 7, un coche rugiendo, el barrio no lo cree, trompos y derrapes frente a la Junquera, los borrachos aplauden, un giro mal calculado, pierde el control… fuga de gas, vaya gran castaña”.
Mentres continúan as investigacións en torno ao mozo que provocou o sinistro, un veciño de Redondela de 24 anos de idade e que se enfronta a diferentes delitos por condución temeraria, alarma pública e contra a seguridade vial ao carecer do permiso de conducir, tal e como confirmaron fontes da Policía Local de Redondela.