A Federación Galega de Balonmán decidiu suspender todos os encontros de categoría autonómica previstos para o domingo 26 de xaneiro debido ás s previsións meteorolóxicas adversas. Porén, a xornada do sábado desenvolveuse con normalidade e deixou resultados destacados para os equipos locais.
En Primeira Autonómica feminina, o BM Chapela acadou unha axustada vitoria no Pavillón Municipal Manuel González Soto fronte ao Poiuo Artai, cun marcador final de 21-20 a favor das locais.

Na mesma categoría, o equipo sénior masculino do BM Chapela desprazouse para enfrontarse ao Valinox Novás B. O encontro foi intenso e rematou cun empate a 32 goles, reflectindo o equilibrio entre ambos os equipos.

En competición nacional, a SAR Rodavigo, que compite na División de Honra Prata Feminina, viaxou a Valladolid para medirse ao HandVall Valladolid. A pesar do esforzo das de Redondela, o partido finalizou cun axustado 27-25 a favor das locais.