Hoxe é Domingo 22 de Xuño de 2025

Identificado, en liberdade e pendente de pasar a disposición xudicial o mozo que provocou o accidente en José Regojo

accidente josé regojo

Fotos: Protección Civil Redondela

O mozo, veciño de Redondela de 24 anos de idade, deuse a fuga logo de colidir este domingo ás 7:20 horas contra a fachada dun edificio na rúa José Regojo, provocando a rotura da tubaxe do gas e obrigando ao desaloxo de dous edificios. A súa identificación non foi complicada unha vez que se fixeron virais a través das redes sociais numerosos vídeos non que se recoñecía perfectamente a esta persoa que ía ao volante do Opel Astra conducindo temerariamente pola céntrica rúa da vila minutos antes de provocar o accidente. Unha imprudencia maior se cabe atendendo a que carecía de permiso de conducir.

A Policía Local confirma que a súa identificación foi doada por varios motivos. Por unha banda deixou o vehículo abandonado na escena do suceso, localizándose de inmediato ao seu anterior propietario: un veciño de Pontesampaio de 27 anos. Con todo, foron determinantes os vídeos que se viralizaron nas redes sociais e nos que se observa a este mozo conducindo temerariamente por josé Regojo, facendo derrapes e colidindo a continuación contra a parede na que se atopaba a tubaxe do gas. Lembramos que a rotura desta tubaxe foi o que obrigou a desaloxar aos inquilinos e propietarios das vivendas destes dous edificios ante o ruído do escape do gas e o forte cheiro que causou a alarma na zona, chegándose incluso a pechar a estrada dende a Praza da Farola ata o cruce no que se atopa o supermercado Día.

Malia estar en liberdade, está previsto que nas próximas horas o mozo autor dos feitos pase a disposición xudicial por condución temeraria, alarma pública e conducir sen contar co permiso pertinente.

Uns feitos que tiñan lugar a primeira hora da mañá de onte cando o accidente obrigaba a desaloxar os edificios de seis andares cada un con 12 vivendas. O desaloxo desenvolveuse sen incidentes malia que, segundo as testemuñas, as imaxes eran sorprendentes xa que a esas horas a maior parte dos veciños estaban durmindo e foron alertados a través dos telefonillos da necesidade de abandonar as súas vivendas. Nenos en pixama, veciños en cadeiras de rodas… propietarios e inquilinos abandonaban apresuradamente ambos edificios. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais e tras controlar a fuga e ventilar a zona afectada puideron regresar as súas vivendas.

Participaron na emerxencia Bombeiros do Porriño e Vigo, o GES de Mos, o servizo de urxencias sanitaria do 061, axentes da Policía Nacional e Local así como efectivos de protección civil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: