Hoxe é Martes 27 de Maio de 2025

Fin de semana marcado pola suspensión dos partidos do domingo e as vitorias de Redondela FS e Pazos FS

WhatsApp Image 2025-01-27 at 13.29.29

Os partidos de fútbol programados para o domingo foron suspendidos debido ás adversas condicións meteorolóxicas e por orde da Xunta de Galicia. Entre os equipos afectados pola suspensión están o CD Choco, o Soutomaior, o Arcade, o CD Cesantes, Atlético de Villar e o Chapela CF, que deberán esperar unha nova data para disputar os seus encontros. Porén, a actividade deportiva non cesou por completo, xa que os partidos celebrados o sábado, correspondentes á liga de fútbol sala, si puideron disputarse, ofrecendo grandes actuacións dos equipos locais. 

En Terceira División, o Pazos FS acadou unha contundente vitoria fronte ao Friol, cun marcador de 7-2. Este triunfo permítelles consolidarse na quinta posición da táboa, sumando un total de 33 puntos. O próximo reto será como visitantes, medíndose ao equipo de Bueu. 

Pola súa banda, en Preferente, o Redondela FS brillou cunha espectacular vitoria ante o Balona Linense FS, cun resultado final de 9-1. Este resultado posiciona aos de Redondela no segundo posto da táboa, tan só por detrás do Vianariño. A próxima xornada será decisiva para o equipo, xa que deberán enfrontarse aos terceiros clasificados, Pizarras Los Tres Cuñados FS, nun duelo directo que definirá as posicións de cabeza. 

A pesar da suspensión dos partidos do Campito Chapela e o Arealonga FS pola borrasca Herminia, o fútbol sala segue demostrando o seu bo nivel coa mirada posta nas próximas xornadas. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: