Hoxe é Venres 13 de Xuño de 2025

Abre o prazo para inscribirse nos cursos para maiores de Redondela

cursos maiores

As actividades, enmarcadas nos programa “Redondela Vital” e “Redondela en forma” son de balde e están organizadas pola concellería de Maiores. A veciñanza maior de 55 anos pode solicitar praza ata o vindeiro 31 de xaneiro en calquera dos 16 emprazamentos previstos, tanto nas parroquias como nos multiusos da Xunqueira e Chapela.

Os cursos arrancan no mes de febreiro e teñen como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida”. O número de participantes increméntase nesta edición, creando máis grupos en todas as parroquias do municipio, segundo explicou a concelleira Iria Vilaboa.

Os cursos Redondela Vital de Memoria celebraranse en 16 emprazamentos: nos Multiúsos de Redondela e Chapela, na asociación de veciños de Soutoxuste e Chapela, na Escola Vella Saxamonde e no centros culturais de Vilar, Quintela, Cidadelle, Cedeira, Cesantes, Ventosela – Miñoteira, Santo Estevo, Cabeiro e Saramagoso así como na Socieldade Labrego cultural de Reboreda e na sede da Asociación deportiva e cultural de Rande. Parroquias moitas das cales acollerán tamén cursos de tai chí.

O obxectivo de abrir máis grupos nas diferentes parroquias é favorecer que “todos os veciños e veciñas poidan acceder a estes servizos e teñan a oportunidade de participar nas actividades sen ter que desprazarse” explicou a alcaldesa, Digna Rivas.

As persoas interesadas poden facer a súa no Concello de Redondela do 27 ao 31 de xaneiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: