Hoxe é Sábado 14 de Xuño de 2025

Desaloxados dous edificios en Redondela tras romper un coche unha tubería de gas

accidente gas

O accidente producíase ás 7:20 horas da mañá deste domingo cando un vehículo que estaba circulando de xeito temerario pola rúa José Regojo perdía o control e colidía contra unha das fachadas da rúa. O sinistro provocou a rotura da tubería de gas, obrigando ao desloxo da veciñanza alarmados polo forte ruído do escape de gas e o intenso cheiro. Tras controlar a fuga e ventilar a zona afectada, os veciños puideron regresar as súas vivendas.

Susto a primeira hora da mañá de hoxe en dous edificos da rúa José Regojo que tiveron que ser desaloxados de urxencia pola rotura dunha tubería de gas. Un accidente de tráfico provocaba o sinistro e obrigaba a desaloxar os edificios de seis andares cada un con 12 vivendas. Foron os propios veciños quen alarmados polo forte ruído do gas e o intenso cheiro decidiron abandonar as vivendas por iniciativa propia, contactando tamén co 112 Galicia para informar que un vehículo tiña impactado contra a instalación de gas causando unha fuga significativa.

De inmediato, mobilizáronse os servizos de emerxencias incluídos os Bombeiros do Porriño e Vigo, o GES de Mos, o servizo de urxencias sanitaria do 061, axentes da Policía Nacional e Local así como efectivos de protección civil.

O desaloxo desenvolveuse sen incidentes malia que segundo as testemuñas as imaxes eran soprendentes xa que a esas horas a maior parte dos veciños estaban durmindo e foron alertados a través dos telefonillos da necesidade de abandonar as súas vivendas. Nenos en pixama, veciños en cadeiras de rodas… propietarios e inquilinos abandonaban apresuradamente ambos edificios. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais e tras controlar a fuga e ventilar a zona afectada puideron regresar as súas vivendas.

Procedeuse tamén a pechar a rúa dende o Supermercado Día ata a Praza da Farola.

O accidente foi causado por uns mozos que estaban conducindo temerariamente pola céntrica rúa da vila, feito que se repite nas fins de semana e que xa ten provocado queixas e denuncias en numerosas ocasións. Neste caso o condutor perdeu o control do vehículo Opel Astra que conducía e a continuación deuse a fuga, abandonando o turismo no lugar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. El juez debería de multarlo duramente… si llega a haber alguien por ahi, lo mata.
    Abandonar el coche y huir del lugar del accidente…
    Desperfecto en el mobiliario y molestar a los vecinos…

    Si llega a explorar y arder un edificio… a ver luego como se lo explica a los vecinos.

    Es el momento de que un juez ponga a este chico en su sitio antes de lamentar tragedias mayores.
    Puxx subnoxxxx

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: