Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Alumnado do Colexio de Portocabeiro debuxa o patrimonio local

expo2

Os centros culturais de Cabeiro, Santo Estevo de Negros e Vilar de Infesta acollen unha mostra de debuxos elaborada pola rapazada destas parroquias que pon en valor a riqueza cultural e paisaxística a través da creatividade infantil. A exposición está dispoñible ata finais de xaneiro.

O Colexio Portocabeiro, en colaboración cos Centros Culturais de Cabeiro, Santo Estevo e Vilar de Infesta, inaugura unha exposición única de debuxos realizados polo seu alumnado. A mostra reflicte o patrimonio, os lugares emblemáticos e as paisaxes máis representativas destas parroquias, destacando elementos históricos, culturais e naturais que forman parte da súa realidade cotiá.

Entre os temas representados polos pequenos artistas atópanse o miliario de Vilar, o Castro de Negros, a Igrexa de Cabeiro, o colexio, os Centros Culturais ou as fermosas paisaxes da Ruta da Auga. Estas creacións visibilizan non só a riqueza do entorno, senón tamén a percepción e o vínculo que as novas xeracións teñen co seu patrimonio.

A exposición vai máis alá da simple exhibición artística xa que un dos debuxos seleccionados polas asociacións de Vilar ilustrará os calendarios que se repartirán durante o Nadal de 2025 na parroquia de Vilar, consolidando o vínculo entre a escola e a comunidade local.

Esta exposición é unha chamada á reflexión e á posta en valor do noso entorno. Ao mesmo tempo, é unha celebración da creatividade infantil e unha invitación a coidar e preservar o patrimonio cultural das parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: