Hoxe é Martes 1 de Xullo de 2025

O PXOM sitúa o miliario de Vilar no Concello de Mos

miliariovilar

Os veciños da parroquia poñen este feito como exemplo dos erros e prexuízos que ao seu entender recolle o Plan Xeral en canto aos límites establecidos no documento “límites erróneos que supón renunciar a terreos, vivendas e bens patrimoniais por parte do concello”.

José Manuel Lago, veciño da parroquia e presidente da Anpa de Porto Cabeiro

Outras das queixas que os colectivos veciñais trasladarán hoxe ao pleno (20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira) fan referencia á falta de ordenación para mellorar as comunicacións na parroquia, as novas afectacións sobre unhas 35 vivendas así como os tres novos polígonos industriais que afectarán de cheo a Vilar. Reclaman tamén unha maior previsión de solo residencial.

 A Asociación de Veciños, Comunidade de augas e montes, Centro Cultural e Anpa do Porto Cabeiro unen forzas para tentar achegar modificacións a un plan xeral que entenden “deixa de lado as parroquias e non atende as súas necesidades”. Aseguran que, tal e como está plantexado o actual Plan, limítase enormemente a posibilidade de crecemento destes núcleos rurais “porque parte dun falso dato, que a poboación de Redondela está a minguar, cando a paradoxa é que non últimos anos non medrou precisamente porque non hai posibilidade de construír o que obrigou  á xente da zona a marchar a outros concellos limítrofes”. Por este motivo instan a incrementar o solo residencial existente e reparar un PXOM “que se limita a estrangular os núcleos rurais, definindo áreas que xa están construídas e impedindo o crecemento dos núcleos existentes ademais de non proporcionar ningún plan de futuro para o seu desenvolvemento”.

No referinte as graves afectacións que tradicionalmente sofre esta parroquia súmase agora nova superficie afectada polo aeroporto – afectando directamente a unhas 35 vivendas, distintos mananciais e ao trazado da N-555- ademais da futura autoestrada A59 que se levaría por diante o campo de fútbol de Vilar de infesta e os proxectos de tres polígonos industriais.

Insisten en que malia todas esas afectacións que no caso do aeroporto supuxo crear unha división artificial da parroquia entre Vilar de arriba e Vilar de abaixo ademais de impedir calquera tip ode construción nas súas área das de seguridade, non se contempla no Plan “ningún tipo de ordenación para mellorar as comunicación dentro da parroquia, ni de mellora de creación de novas viais de comunicación entre a veciñanza”.

Insiste Manuel Lago en que o “Pxom debería ser unha ferramenta na que se formulasen correccións a todas esas afeccións minimizando o impacto desas infraestruturas e neste caso non o fai”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: