Hoxe é Venres 20 de Xuño de 2025

O BNG leva o parlamento galego o desmantelamento do servizo de pediatría en Pazos de Borbén

bng pazos sanidade

Despois de que a Xunta de Galiza confirmase a eliminación do servizo de pediatría no centro de saúde de Pazos de Borbén hai unhas semanas, o BNG ven de presentar unha proposición non de lei no parlamento Galego, para recuperar o servizo de pediatría cun horario amplo que mellore o servizo e facilite a conciliación familiar.

Dende o BNG instamos ao Sergas a recuperar o servizo de pediatría presencial no centro de saúde de Pazos de Borbén e dar cobertura os máis de 150 cativos que actualmente dependen do centro de saúde.

Segundo a información que lle ofreceron ao BNG o SERGAS obrigará a ir ás familias ao centro de saúde de Redondela e a pediatra mantería o mesmo horario e atención que en Pazos de Borbén. Isto significa que seguirá atendo só dous días á semana polo que o servizo ofrecido será inferior ao que había ata agora. Dende o BNG solicitarán que se repoña de inmediato a pediatra en Pazos e convidan a todos os veciños e veciñas de Pazos de Borbén que loiten polo seu centro de saúde e presenten reclamacións.

Neste sentido, o BNG anima a todos os colectivos e a veciñanza en xeral a mobilizarse contra este novo ataque á sanidade pública do noso concello e adiantan que xa están a traballar nunha mobilización para que Pazos de Borbén amose a súa desconformidade con esta decisión de recortes dos servizos públicos da Xunta.

Reunión co Sergas

Dende o Concello o alcalde Luciano Otero solicitaba tamén nas últimas horas unha reunión cos responsables do Sergas para abordar a falta de médicos no centro sanitario da localidade que se atopa “nunha situación de emerxencia sanitaria”. Asegura que malia as xestións previas e a reunión anterior no mes de novembro, a situación non mellorou e actualmente atopámonos sen pediatra e sen reforzo para a única facultativa dispoñible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: