Hoxe é Venres 27 de Xuño de 2025

A Casa da Cultura acolle a presentación da edición revisada da biografía de Telmo Bernárdez

Telmo_Bernárdez_Santomé

O acto, organizado por Normalización Lingüística, celebrarase ás 19:30 horas de hoxe venres na Casa da Cultura e contará coa presenza do autor Isaac Araujo e a alcaldesa, Digna Rivas.

“Telmo Bernárdez Santomé, un bo e xeneroso” é o título do libro xa editado no ano 2015 cando Bernárdez foi Persoeiro do ano e que agora se reedita co obxecto de chegar a máis veciños e veciñas.  No libro patrocinado polo Concello, Isaac Araujo aproxímase á figura de Telmo Bernárdez (Redondela 1885-1931), coñecido como o “médico dos pobres” e político agrarista alcalde de Redondela en 1923, cargo que tan só ostentou uns meses debido a irrupción da ditadura de Primo de Rivera.

Entre os moitos méritos que atesoura Telmo Bernárdez atópase o seu labor profesional como médico en Redondela, ademais de inspector municipal de Sanidade. Bernárdez pertenceu aos “mozos turcos” de Redondela, foi o principal impulsor do xornal local “A Opinión” de tendencia agrarista, así como do xornal provincial “O País”, de tendencia republicana. No ámbito político foi alcalde da localidade en 1923 e xogou un papel importante como un dos líderes de agrarismo en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: