Hoxe é Venres 20 de Xuño de 2025

Casa Paco entrega os seus recoñecementos a seis colectivos do Concello

manolo casa paco

O grupo Casa Paco celebra este venres ás 19:00 horas no Pavillón da Marisma o acto de entrega das distincións coas que quere recoñecer o traballo realizado por colectivos e persoas en diferentes ámbitos. Nesta décima edición as placas entregaranse á Policía Local de Redondela, Policía Nacional, o Punto de atención continuada do Centro de Saúde, Protección Civil, o servizo de Extinción de incendios e a Cruz Vermella Redondela.

Manolo Conde

Uns recoñecementos que fan referencia a labor que estes colectivos desenvolveron durante o 2020 en plena crise sanitaria da Covid’19 e que non foron entregados con anterioridade precisamente por mor da pandemia, que obrigou a suspender esta cita.

De feito, esta é da décima edición duns recoñecementos que Manolo Conde puxera en marcha no ano 2010, recaendo naquela ocasión en Cándido Orge “Ducho” e que ao longo do ános busca sempre distinguir aquelas labores que se desenvolven de acordo cos valores do club: deporte, convivencia e amizade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: